top of page
CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza

O CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza conta na actualidade con nove unidades: tres de Infantil e seis de Primaria, cun total de 89 alumnos. Por ser un centro plurilingüe contamos con tres mestres especialistas en inglés para poder dar a materia de Plástica na lingua inglesa.

Conta cun servizo de comedor xestionado pola Xunta con cociñeir@s propi@s.

O centro tamén conta cunha biblioteca multimedia, un pavillón polideportivo, unha aula multimedia, aulas específicas de Música e de Inglés, e amplas zonas de lecer interiores e exteriores.

Para os seus espectáculos e festivais, o colexio ten igualmente á súa disposición o auditorio de Vilatuxe situado xusto a carón do centro.

O horario lectivo vai das 9h30 ás 16h. Servizo de comedor de 13h30 a 15h00.

Aula multimedia
Aula de Infantil
Aulas planta baixa
Biblioteca
Patio exterior
Zona de lecer exterior
Zona de lecer interior
Comedor
Pavillón polideportivo
Auditorio de Vilatuxe (exterior)
Auditorio de Vilatuxe (interior)
bottom of page