top of page

Actividades extraescolares

Viernes 6 de Septiembre de 2019

Dende a Asociación de Nais e Pais “O noso Futuro” de Vilatuxe queremos informarvos acerca das Actividades Extraescolares programadas para o curso 2019-20:

 

O comezo será a partir do 01 de Outubro de 2019 e rematarán o 31 de Maio de 2020. O período de inscrición para poder comezar no mes de outubro será dende o Venres 6 ata o Venres 20 de Setembro.

 

Forma de inscrición:

 

As follas de inscrición poderanse descargar na web . Tamén poderán ser facilitadas pola propia  ANPA ou na dirección do colexio.

 

As follas de inscrición xenérica cubertas poderanse entregar a través do correo electrónico: anpa-onosofuturo@nontedurmes.org e tamén en formato papel na propio colexio ou no buzón de correo da ANPA.

​

Calquera cambio ou baixa das actividades deberase comunicar á ANPA  antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. Esta comunicación realizarase mediante notificación  por escrito vía correo electrónico, indicando o nome da actividade, datos do/a neno/a e motivo do cambio ou baixa. 

 

Os grupos de cada actividade manteranse sempre que se acade o número mínimo de alumnos/as por actividade. As empresas resérvanse o dereito de non continuar coa actividade se non se cumpre esta condición.

 

Na web da ANPA: 

Pódese consultar información detallada de cada empresa e obxectivos e normativa de cada actividade. Calquera dúbida consultade por favor connosco.

​

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.png
bottom of page